VIGO
Con 300.000 habitantes, a cidade de Vigo é a de maior poboación de Galicia. Ademais, a súa área de influencia engloba a máis de 500.000 persoas.
O motor industrial e económico da Comunidade Autónoma está en Vigo. Primeiro porto pesqueiro de España, pode anotar no seu curriculum os méritos de ser a base da maior flota de altura de Europa, con barcos que faenan en todos os caladoiros do mundo.
A natureza é o principal aliado desta cidade que posúe unha contorna sen igual. A cidade aséntase sobre ladeiras que se apoian ao pé dunha fermosa bahía, a Ría de Vigo.
Vigo posúe unha ampla oferta cultural, gastronómica e de lecer, que se complementa coa beleza da costa e do campo, salpicado de vestixios de épocas pasadas.
Xa que Vigo creceu unida á auga, é natural que o centro histórico se atope xusto ao pé da ría.
PASEAR POR VIGO
Descendendo pola rúa Real, éntrase no Berbés, barrio pesqueiro onde até hai un século tiña lugar o gran quefacer da espera e a descarga do peixe. Pasee polas rúas de soportais con casas blasonadas dos séculos XVI a XVIII, e se cadra, entre nunha das numerosas marisquerías e casas de vieiras e ostras. Aínda que o lugar máis famoso con respecto á cata das ostras é A Pedra, é na próxima Praza de Juan de Villavicenco, onde se afirma que se poden comer as mellores ostras do mundo.
Na Pedra antigamente celebrábase un mercado; actualmente baixo a praza , nuns locais habilitados, se comercia con roupa, aparellos electrónicos, etc.. todos de dubidosa procedencia e de coñecidas marcas comerciais que son sistematicamente copiadas nos seus deseños. Ten moito tirón turístico.
Si quere contemplarr a mellor vista de Vigo suba ao Monte do Castro. Sitúase na zona máis elevada da cidade. Recibe este nome porque neste lugar desenvolveuse un poboado castrexo durante os séculos III e II a.C. É un miradoiro natural de Vigo. Desde este parque obtense a mellor panorámica da cidade, concretamente desde o monumento aos Galeóns de Rande. A fortaleza do Castro é a única testemuña que se conserva do antigo sistema defensivo da cidade. Goce dos xardíns e do excelente parque infantil e recupere forzas nunha das numerosas cafetarías e restaurantes que ten para escoller.