Gold Suite
ALAMEDA
White Confort
O espírito do luxo contemporáneo escenificado no confort dos materiais nobres e o deseño de vangarda e tecnoloxía en cada un dos detalles que encerra este magnífico universo cosmopolita.
O branco impón a súa singular presenza en elementos decorativos únicos; un mobiliario elegante e coidadosamente seleccionado respira na harmonía das grandes ventás ó centenario arboredo da praza da Alameda de Vigo, a zona nobre da cidade.
Sedas naturais; materiais ecolóxicos; tecnoloxía; luxo e refinamiento decorativo cun especial tratamento lumínico e acústico. Calma e suntuosidade.
Silver Master
SUITE
Elementos harmónicamente ensamblados para escenificar unha visión do luxo máis cosmopolita e contemporáneamente elegante.
Un inventario interminable de materiais inspirados na natureza onde a luz atlántica inunda o privilexiado espazo orientado ao mar.
Un exercicio estilístico evocador de calma e refinamiento co espírito boutique que evoca a integración de continente e contido.
Gold Master
SUITE
Nobleza Obliga
O material máis nobre inspira esta Suite que dun xeito cromático percorre os matices do luxo en pezas únicas. Tecidos naturais e nobres, sedas, mármores… Un espazo reservado á calma interpretada en clave cromática, ao glamour dos lugares únicos e cosmopolitas con pezas singulares e luxosas. Amor polas pequenas atencións que garanten o confort aos seus ocupantes.
Reserva
ONLINE
MELLOR PREZO GARANTIDO
Gran Hotel Nagari pon á disposición dos seus clientes opcións de regalo, paquetes e ofertas especiais.
Pode acceder á nosa tenda en liña e reservalos, aproveitando sempre as mellores condicións de contratación.
Visitar tenda en liña