Health & Spa

Nagari

HEALTH & SPA

Un oasis de calma e beleza

Benvidos ao Nagari Health & Spa, un verdadeiro Santuario de Saúde e Beleza situado no corazón de Vigo, con dúas plantas destinadas á serenidade, harmonía e benestar de corpo e mente. Ambientado no exotismo asiático, cada peza foi coidadosamente seleccionada para que o seu corpo e mente gocen do luxo e o benestar.

Prepárese para unha intensa viaxe polas diferentes culturas e terapias do mundo rescatando da India os beneficios do Ayurveda, de Xapón a fórmula secreta do Shiatsu, de China a enerxía das cañas de bambú, de Indonesia as pracenteiras Pindas Aromáticas…

Con 750 m distribuídos entre a 1ª planta e o ático, neste máxico lugar atopará unha Piscina climatizada Skyline con chorros e vistas ao mar, un completo centro de adestramento persoal con plataformas Power Plate, cabinas de beleza para tratamentos personalizados ou unha exclusiva Bañeira de estimulación sensorial Siesté nunhna edición especial e única no mundo para experimentar unha sensación de ingravidez inenarrable.

Nagari Health & Spa dispón de multitude de tratamentos e paquetes de saúde, consulte a nosa carta para buscar o máis adecuado para vostede.

DESCARGAR CARTA HEALTH & SPA

[cml_media_alt id='10704']nmw[/cml_media_alt]

Tamén dispomos dunha ampla gama de tratamentos de Nagari Medical Wellness, consulte a nosa carta de tratamentos e non dubide en contactarnos para solicitar prezos e dispoñibilidade.

DESCARGAR CARTA MEDICAL WELLNESS

Rexistro Sanitario C-36-002118

Skyline

NAGARI

 

O elemento que imprime, sen ningunha dúbida, máis exclusividade e elegancia ao hotel é a súa piscina Skyline situada na planta alta do edificio, fai que o cliente case poida “tocar o ceo” mentres goza dun agradable circuíto de auga.

Conta con chorros cervicais, de cisne, volcáns que xorden desde o fondo, camas de burbullas que traballan toda a parte posterior do corpo e chorros de natación contracorriente.
Ademais este fantástico circuíto péchase con dous jacuzzies climatizados un cuberto e outro descuberto, e un solarium exterior. A cuberta ábrese ou pecha en poucos segundos dependendo das condicións climatolóxicas. Tamén conta con servizo de cafetaría a disposición dos clientes mentres gozan do circuíto.

health & spa mod2

Skyline

AT NIGHT

[cml_media_alt id='10089']nagari-alamedaXXI-a[/cml_media_alt]

Durante a noite a piscina convértese no moderno bar-terraza Skyline, ofrecendo unha nova perspectiva da cidade. A medida e íntimo, en Skyline Bar pódese gozar dos mellores cócteles acompañados dunha exclusiva selección de música. As impresionantes vistas sobre a Ría de Vigo completan o escenario.

Este Lounge-Bar está aberto a todo o público da cidade. Tamén está dispoñible para sorprender aos seus invitados cunha exclusiva festa privada.

Aberto venres, sábados e véspera de festivos de 23:30h a 02:30h. Excepto eventos privados. Máis info e consultas: rrpp@granhotelnagari.com