A exclusividade dos nosos salóns con deseños de vangarda e a personalización de cada servizo, fan do hotel un lugar único para a celebración de seu evento.
Composto por dous salóns de maior tamaño, salón de Reunións en Gold Master Suite, Recunchos reservados en Restaurante Alameda XXI, Zona Business e no máis alto do Hotel, cunhas marabillosas vistas coa Ría de Fondo, a nosa exclusiva Terraza Skyline para que o seu evento sexa inesquecible.
Cada detalle do noso hotel foi preparado co fin de converter o seu evento nun día único. Pomos á súa disposición unha exclusiva selección de servizos, liderados por unhas magníficas propostas de pratos que compoñen a nosa Carta de Menús e que foron creadas exclusivamente para ofrecerlle o maior goce gastronómico, polo prestixioso Chef Executivo Bernardo Esperante.